Responsable do Tratamento

  • Responsable do Tratamento: VAYRE INTEGRAL SERVICES, S.L.
  • NIF: B70243738
  • Dirección: Rúa Federico Tapia, nº 41-5ºD, 15005 A Coruña
  • e-mail o exercicio de dereitos: info@vayre.es

Finalidades e bases xurídicas

Complemetando a información básica sobre protección de datos que se facilita a través de cada unha das vías de toma de datos, a continuación, facilítase a información adicional relativa ás finalidades e bases lexitimadoras dos seguintes tratamentos:

Persoas usuarias da web

A través do sitio web recóllense datos persoais para o análise de hábitos de navegación a través de cookies analíticas (ver Política de Cookies publicada no sitio web).

A licitude do tratamento baséase no 6.1.a. RGPD “o interesado deu o seu consentimento para o tratamento dos seus datos persoais para un ou varios fins específicos”.

Cesións ou comunicacións de datos

Para a xestión de determinados servizos ofrecidos pola entidade, resulta necesario permitir o acceso a determinados datos a terceiros prestadores de servizos contratados ao efecto. Neste sentido, a entidade procede á subscrición dos respectivos contratos de encargado de tratamento necesarios e deu as instrucións precisas aos diferentes prestadores de servizo ou encargados de tratamento para asegurar a seguridade e integridade dos datos aos que estes teñan acceso co motivo da prestación do servizo contratado. Fóra dos casos anteriores, os seus datos de carácter persoal non serán cedidos a terceiros, salvo nos casos legalmente previstos.

Prazo de conservación dos datos

Complemetando a información básica sobre protección de datos que se facilita a través de cada unha das vías de toma de datos, a continuación, facilítase a información adicional relativa aos prazos de conservación dos distintos datos que tratamos:

  • Clientes: os datos serán conservados ata a finalización da relación contractual e mantéñense, debidamente bloqueados, durante os prazos de prescripción das responsabilidades que poidan resultar esixibles.
  • Clientes potenciais: os datos conservaranse 1 ano.
  • Curriculum Vitae: os datos conservaranse 1 ano.
  • Persoas traballadoras: os datos conservaranse o tempo necesario establecido pola normativa en materia laboral.
  • Persoas usuarias da web: os datos conservaranse durante os prazos establecidos na Política de Cookies.
  • Xestión de dereitos de protección de datos: Os datos serán conservados mentres sexan necesarios para a súa finalidade e, en todo caso, permanecerán bloqueados durante os prazos de prescrición das accións derivadas do tratamento

Perfís e transferencias internacionais de datos

Non se realizarán perfís nin se prevé a realización de transferencias internacionais de datos.

Revogación do consentimento

Nos casos nos que o tratamento de datos persoais estea baseado no consentimento, infórmase ás partes interesadas do dereito a retirar o seu consentimento en calquera momento, de maneira sinxela e gratuíta, mediante escrito dirixido á dirección do responsable do tratamento ou a través de info@vayre.es. A revogación do consentimento non afectará á licitude do tratamento baseado no consentimento previo á súa retirada.

Dereitos das persoas interesadas

A normativa en materia de protección de datos outorga unha serie de dereitos ás persoas interesadas ou titulares dos datos. Estes dereitos son os seguintes:

  • Dereito de acceso: dereito a obter información sobre se os seus propios datos están sendo obxecto de tratamento, a finalidade do tratamento que se estea realizando, as categorías de datos que se traten, os destinatarios ou categorías de destinatarios, o prazo de conservación e o orixe destes datos.
  • Dereito de rectificación: dereito a obter a rectificación dos datos persoais inexactos ou incompletos.
  • Dereito de oposición: dereito a opoñerse a un determinado tratamento baseado no consentimento prestado.
  • Dereito de supresión: dereito a obter a supresión dos datos nos seguintes supostos:
    • Cando os datos xa non sexan necesarios para a finalidade para a cal foron recollidos
    • Cando o titular dos mesmos retire o consentimento
    • Cando a persoa interesada se opoña ao tratamento
    • Cando deban suprimirse en cumprimento dunha obriga legal
    • Cando os datos se obtivesen en virtude dun servizo de sociedade da información en base ao disposto no art. 8 apdo. 1 do Regulamento Europeo sobre Protección de datos.
  • Dereito de limitación: dereito a obter a limitación do tratamento dos datos cando se de algún dos seguintes supostos:
    • Cando a persoa interesada impugne a exactitude dos datos persoais, durante un prazo que permita á empresa verificar a exactitude destes.
    • Cando o tratamento sexa ilícito e a persoa interesada se opoña á supresión dos datos.
    • Cando a empresa xa non necesite os datos para os fins para os que foron recollidos, pero o seu titular os necesite para a formulación, o exercicio ou a defensa de reclamacións.
    • Cando a persoa interesada se opoña ao tratamento mentres se verifica se os motivos lexítimos da empresa prevalecen sobre os do titular dos datos.
  • Dereito de portabilidade: dereito a que cando o tratamento se efectúe por medios automatizados, a persoa interesada reciba os seus datos persoais nun formato estructurado, de uso común, de lectura mecánica e interoperable, e poida transmitilos a outro responsable do sempre que o tratamento se legitime en base ao consentimento ou no marco da execución dun contrato.
    • Este dereito, pola súa propia natureza, non se pode aplicar cando o tratamento sexa necesario para o cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable.
  • Dereito a non ser obxecto de decisións individuais automatizadas: dereito a non ser obxecto dunha decisión baseada unicamente no tratamento dos datos persoais, incluída a elaboración de perfís, de maneira que produzan efectos xurídicos sobre a persoa interesada ou lle afecten significativamente de forma similar.
    • Este dereito non será aplicable cando:
      • Sexa necesario para a celebración ou execución dun contrato entre ti e o responsable.
      • O tratamento dos teus datos fundamente no teu consentimento prestado previamente.
      • Nos dous primeiros supostos, o responsable debe garantir o dereito das persoas interesadas a obter a intervención humana, expresar o seu punto de vista e impugnar a decisión.
      • Estea autorizado polo Dereito da Unión ou dos Estados membros e se establezan medidas adecuadas para salvagardar os dereitos, liberdades e intereses lexítimos da persoa interesada.
      • A súa vez, estas excepcións non se aplicarán sobre as categorías especiais de datos (art.9.1), agás que se aplique o artigo 9.2.letra a) ou g) e se tomasen as medidas adecuadas citadas no parágrafo anterior.

    Podes exercer os dereitos indicados e poñerte en contacto co noso Delegado de Protección de Datos dirixíndote a nós por escrito á dirección postal indicada ao inicio da presente Política de Privacidade ou por correo electrónico á dirección info@vayre.es.

    Atenderemos a túa solicitude na maior brevidade posible e tendo en conta os prazos previstos na normativa en materia de protección de datos. Ademais, infórmache de que se consideras que se está producindo unha vulneración dos teus dereitos, tes dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos www.aepd.es.

    Seguridade

    As medidas de seguridade adoptadas pola entidade son aquelas requiridas de conformidade co establecido no artigo 32 do RGPD. Neste sentido, a entidade, tendo en conta o estado da técnica, os custos de aplicación e a natureza, o alcance, o contexto e os fins do tratamento, así como os riscos de probabilidade e gravidade variables para os dereitos e as liberdades das persoas físicas, ten establecidas as medidas técnicas e organizativas apropiadas para garantir o nivel de seguridade adecuado ao risco existente. En todo caso, a entidade ten implementados os mecanismos suficientes para:

    • Garantir a confidencialidade, integridade, dispoñibilidade e resiliencia permanentes dos sistemas e servizos de tratamento.
    • Restaurar a dispoñibilidade e o acceso aos datos persoais de forma rápida, en caso de incidente físico ou técnico.
    • Verificar, avaliar e valorar, de forma regular, a eficacia das medidas técnicas e organizativas implantadas para garantir a seguridade do tratamento.
    • Seudonimizar e cifrar os datos persoais, de ser o caso.

    Cookies

    Unha cookie é un arquivo ou dispositivo que se descarga no equipo terminal das persoas usuarias coa finalidade de almacenar datos que poderán ser actualizados e recuperados pola entidade responsable da súa instalación. É dicir, é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinados sitios web. Para máis información, consulte a nosa Política de Cookies.

     

    Resumo de privacidade

    Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web e recordar as túas preferencias.

    Cookies estrictamente necesarias

    As cookies estritamente necesarias ten que activarse sempre para que podamos gardar as túas preferencias de axustes de cookies.